O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional do Libro 2021
O MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA CELEBRA O DIA INTERNACIONAL DO LIBRO 2021
O día 23 de abril celébrase o “Día Internacional do Libro” e o Museo de Belas Artes da Coruña ofrece as seguintes actividades e recursos en liña:
·BIBLIOTECA DO MUSEO
A Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña ofrece a siguiente programación en liña:
Lectura en liña do catálogo da actual exposición temporal “Vestir épocas. 1860-1960. A Colección Ana González-Moro”
O catálogo da exposición Vestir Épocas. 1860-1960. A Colección Ana González-Moro no Museo de Belas Artes da Coruña, que se presentou en formato impreso o pasado 26 de febreiro de 2021, agora poderá consultarse tamén a texto completo en liña.
Exposición bibliográfica en liña de libros sobre moda
Mostra bibliográfica cunha selección dos títulos relacionados coa moda, o traxe e a indumentaria presentes no fondo da biblioteca do Museo de Belas Artes, realizada con motivo da exposición temporal “Vestir épocas. 1860-1960” no museo.
http://bit.ly/BibliotecaMuseo_VestirEpocas
Bookcrossing virtual conxunto coas Bibliotecas de Museos e centros de arte de toda España
Participamos na campaña conxunta de liberación de libros ou bookcrossing, organizada desde fai quince anos pola Biblioteca-Centro de Documentación do Documentación do Artium, Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo de Vitoria-Gasteiz. Nesta ocasión e por segundo ano consecutivo, compartiremos de maneira virtual algunha das publicacións ou coleccións das institucións participantes Este ano o Museo de Belas Artes da Coruña participa co catálogo da actual exposición temporal “Vestir épocas. 1860-1960”.
Video: https://www.youtube.com/watch?v=ec2o6U80F00
·DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN
#Correspondencias. Ficcións
Aproveitando que esta semana é o Día do Libro lanzamos unha nova proposta do proxecto educativo #Correspondencias na que traballaremos coa escritura. Nesta actividade chamada Ficcións propoñémosvos crear unha narración partindo dunha obra da colección do Museo de Belas Artes da Coruña.
Podedes ver o vídeo de presentación da actividade a través do seguinte enlace: http://bit.ly/correspondencias_ficcions
E descargar a proposta didáctica aquí: https://bit.ly/3ekfT0C
Se queredes compartir connosco os vosos traballos, enviádeos preferentemente antes do 21 de maio a través do correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal ou ben etiquetándonos en Instragram como @museo.belas.artes.coruna.