Os libros como punto de partida. Ciclo de conferencias
CICLO DE CONFERENCIAS
OS LIBROS COMO PUNTO DE PARTIDA
A muller ante o espello. Estudios corporais
Mª JESÚS ZAMORA CALVO, Universidad Autónoma de Madrid
Salón de Actos do Museo de Belas Artes
Mércores, 26 de marzo
20:00 h
Organiza: Asociación de Amigos do Museo
Unha selección de publicacións especializadas servirán
como punto de partida para que os seus autores poidan expoñer, analizar e
debatir co público sobre diferentes aspectos relacionados coa historia e a
socioloxía da arte, a arquitectura e o deseño, os procesos creativos, os
espazos para a cultura, o teatro e a literatura, e tantas outras manifestacións
vencelladas ao ámbito do pensamento, das artes e, en definitiva, do fenómeno
cultural.
Este libro
céntrase no estudo do corpo feminino ao longo da historia, examinando os
diferentes canons de beleza, as variacións que experimentou, as mutacións, as
transgresións ás que se lle someteu... Y todo iso dende un ámbito
multidisciplinar e transversal, vendo o reflexo que o corpo feminino encontra
na literatura, analizándoo dende o punto de vista da Antigüidade clásica, a
teoría literaria, os estudos de xénero, a iconografía, o cine, a publicidade, a
arte, a medicina, o dereito, etc.
