Picasso na biblioteca do museo

Bibliografía picassiana no museoCon motivo da actual exposición temporal "O Primeiro Picasso. A Coruña 2015", recordámosvos que a biblioteca do museo conta cunha amplia bibliografía sobre a vida e obra de Picasso, que se achega aos 140 títulos.Facilitámosvos o link de acceso ao catálogo para que podades realizar a búsqueda. Todas as publicacións pódense consultar na propia biblioteca segundo condicións establecidas na nosa web.De entre todas elas, realizamos unha pequena selección daquelas publicacións onde aparece obra da súa etapa coruñesa, ou onde se fala da súa vida neses anos, que a continuación vos presentamos en Pinterest.