
Presentación do catálogo da exposición Alejandro González Pascual
Hoxe presentouse no Museo o catálogo resultado da mostra antolóxica dedicada ao pintor coruñés Alejandro González Pascual (1930 - 1993).
O acto de presentación estivo presidido por Anxo M. Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, e durante o deseenvolvemento do mesmo interviñeron os autores dos textos do catálogo Luís Rei e Xabier Seoane, ademáis de Ángeles Penas, directora do Museo de Belas Artes.
Ao acto asistiu tamén Blanca González, filla de Alejandro González, artífice da catalogación da obra do seu pai e sen cuxa inestimable colaboración non tiña sido posible esta mostra.
O catálogo da exposición está dispoñible na tenda do museo.