PRESENTACIÓN DO FILME DOCUMENTAL
LUGAR: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña
DATA: Xoves, 3 de outubro de 2024
HORA: 19:00h
O Museo de Belas Artes da Coruña acolle a presentación do Consello da Cultura Galega, a Central Folque e Cántigas da Terra, do audiovisual "Na procura do son perdido. A zanfona, memoria da Transición", dirixido por Ramón Pinheiro.
No acto intervirán Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Miro Casabella e Pablo Quintana, dous dos protagonistas do filme; e Ramón Pinheiro, o director do documental.
O acto rematará cunha intervención musical de Cántigas da Terra cun repertorio especial pertencente ao seu espectáculo "Darredor da roda":
PROGRAMA
Alborada Anterga de Ourense
Tradicional, Repertorio de Faustino Santalices.
Alalá de Pontevedra e Foliada de Bento de Lérez
Tradicional, Colección Feijoo. Arr.: Luís Bolón
Muiñeira de Rubiás
Tradicional, Repertorio de Faustino Santalices
Alalá Santa Marta
Tradicional, Recollida harmonización: Adolfo Anta Seoane
Foliada de Nostián
Trad. / Recollida e harm.: Ramón González Enríquez / Arr.: Luís Bolón / Arquivo Cántigas da Terra
SINOPSE
O elemento máis característico dunha zanfona é a roda, a través dela nace o son do instrumento, voltas e voltas que xiran evocando unha atmosfera que nos conecta co noso pasado ancestral, coa música do medievo e coa popular, cos romances, co que fomos e co que somos hoxe. Un dos principais obxectivos que ten Cántigas da Terra é contribuírmos ao coñecemento e divulgación dos nosos instrumentos tradicionais. O papel da zanfona, neste sentido, é fundamental tanto no que respecta ao folclore galego en xeral, como en particular á nosa entidade: Cántigas da Terra.
O vencello que Cántigas ten coa zanfona é moi importante pois no arquivo da entidade custódianse dous modelos moi valiosos: unha zanfona de Perfecto Feijoo e outra de Saturnino Cuíñas, ambos folcloristas fundamentais na historia da música galega. Os dous están presentes no espectáculo a través das melodías que recolleron e que son interpretadas polo Coro galego, combinando así o canto tradicional coa zanfona, a requinta ou as percusións para crearmos deste xeito unha proposta orixinal e actual.
Nesta xornada, o público pode valorar a versatilidade, e as posibilidades sonoras da zanfona que nos conecta ás nosas raíces como pobo, ao Camiño de Santiago, ao Pórtico da Gloria, aos cegos ambulantes, aos romances… A roda da zanfona non para, voltas e voltas que conectan o culto e o popular, o pasado co futuro.
Máis información no Consello da Cultura Galega
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| Invitación | 995.65 KB |
| Convocatoria da presentación | 296.72 KB |