PRESENTACIÓN DO LIBRO "DIARIOS" DE SYRA ALONSO

A Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes da Coruña colabora nos actos que se van levar a cabo sobre Syra Alonso e o pintor Francisco Miguel na cidade da Coruña e distintas vilas da comarca coruñesa.

O Museo de Belas Artes da Coruña acolle, o martes 14 de outubro ás 19:30 horas a presentación do libro Diarios (1936 e 1945)de Syra Alonso (casada co pintor Francisco de Miguel e exiliada en México) e a conferencia: Syra Alonso e os camiños “íntimos” da escritura do exilio español en México.

Conferenciante:  Conrado Arranz, investigador especializado en Syra Alonso 
Presenta: Carmen Vidal, periodista

Data: Martes, 14 de outubro de 2025
Hora: 19:30 horas
Lugar: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña
Entrada libre ata completar aforo