Presentación e inauguración da exposición temporal "CONVIDADAS: Dúas miradas de Zuloaga"

ORGANIZA: Museo de Belas Artes da Coruña en colaboración co Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía
PATROCINA: Dirección Xeral de Cultura. Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
LUGAR: Sala 5 do Museo de Belas Artes da Coruña
DATA: Xoves, 21 de novembro de 2024
HORA: 12:00h

 

O vindeiro xoves 21 de novembro de 2024, ás 12:00h, preséntase a mostra "CONVIDADAS: Dúas miradas de Zuloaga, unha exposición organizada polo Museo de Belas Artes da Coruña, en colaboración co Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

Esta mostra ten como obxectivo presentar ao público dúas obras que pertencen á colección do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. As pezas Retrato da señora Malinowska, a Rusa (París, 1912) e Antonia a galega (París, 1912), de Ignacio Zuloaga (1870-1945), exemplos do seu amplo labor como retratista, na que conflúen tendencias das vangardas parisienses con evocacións da retratística de Velázquez ou Goya.

O acto contará coa presencia do Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, acompañado pola directora do Museo de Belas Artes da Coruña, Ángeles Penas Truque.


Máis información: "CONVIDADAS: Dúas miradas de Zuloaga"

Documentos:
Anexo Tamaño
nota-de-prensa.pdf 874.11 KB