Prorrogada a mostra "Alfonso Sucasas" ata o 1 de abril de 2018

O MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA PRORROGA A EXPOSICIÓN
“ALFONSO SUCASAS: UNHA REVISIÓN” ATA O VINDEIRO 1 DE ABRIL

 

·        
A mostra consta dun conxunto de 64 obras,
pertencentes tanto a coleccións privadas como a institucións públicas, datadas
entre os anos 1957 e 2010

 

A Coruña, 21 de febreiro de 2018.- O Museo de Belas Artes da Coruña, diante
o éxito de afluencia da mostra temporal “Alfonso Sucasas: Unha revisión”,
decidiu prorrogar o seus período de apertura ao público ata o vindeiro 1 de abril de 2018. A exposición consta dun conxunto de 64 obras pertencentes tanto a
coleccións privadas como a institucións públicas datadas entre 1957 e 2010.

Pretende facer
unha revisión da traxectoria artística de Alfonso Sucasas abrindo novas liñas
de interpretación para coñecer mellor os postulados desde os que pintaba, o
seus intereses e inquedanzas, que van desde un persoal academicismo a un
primitivismo expresionista, e onde as figuras deformadas constrúense sobre
potentes e suxestivos grafismos para recrear un mundo onírico e monstruoso, que
bascula entre a relixión e o paganismo. A mostra esta organizada polo Museo de
Belas Artes baixo o patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria da Xunta de Galicia.

Neste período de ampliación o Museo continuará
ofertando visitas guiadas a exposición os sábados ás 18:30 horas tanto ao
publico e xeral como aos distintos grupos culturais que o soliciten.