Rematan os campamentos de verán no museo

ESTE VERÁN...VIVIMOS O ESPAZOFinalizaron os campamentos de verán que o museo viña ofrecendo durante o mes de xullo en quendas semanais, para rapaces de 6 a 12 anos.Este ano adicáronse a explorar o espazo, un elemento básico da arte, mediante os corpos, os sentidos e as emocións. Comezaron polo propio Museo, transitando o seu espazo arquitectónico e descubrindo todos os seus segredos. E continuaron paseando dentro dos cadros para coñecer como os vellos artistas aprenderon a representar o espazo nas súas obras; experimentando coa importancia da luz e tamén da escuridade. A actividade finalizou coa conquista do espazo mediante a creación por parte dos nenos dunha evocadora instalación no museo. Clicar aquí para ver información da actividadeClicar aquí para ver o álbum de fotos