Rematan os campamentos de verán no museo

ESTE VERÁN...VIVIMOS O ESPAZOFinalizaron
os campamentos de verán que o museo viña ofrecendo durante o mes de
xullo en quendas semanais, para rapaces de 6 a 12 anos.Este ano
adicáronse a explorar o espazo, un elemento básico da arte, mediante os
corpos, os sentidos e as emocións. Comezaron polo propio Museo,
transitando o seu espazo arquitectónico e descubrindo todos os seus
segredos. E continuaron paseando dentro dos cadros para coñecer como os
vellos artistas aprenderon a representar o espazo nas súas obras;
experimentando coa importancia da luz e tamén da escuridade. A
actividade finalizou coa conquista do espazo mediante a creación por
parte dos nenos dunha evocadora instalación no museo. Clicar aquí para ver información da actividadeClicar aquí para ver o álbum de fotos