Salas pechadas por remodelación

Reordenación das salas 1, 2 e 3 do museoO Museo de Belas Artes, unha vez finalizada na sala 2 a exposición de presentación dos novos depósitos do Museo Nacional del Prado, iniciou a súa desmontaxe para proceder a incorporalos ao discurso museístico co resto das obras da colección permanente. Por este motivo, o Museo pechará ao público sucesivamente as salas 1, 2 e 3 co fin de reubicar e distribuir de novo as obras seguindo o novo plantexamento expositivo.Este proceso supón a fase final dunha longa labor que veñen desenvolvendo os técnicos do museo desde fai meses, e que agora culmina coas diversas tarefas de desmontaxe, pintura das salas, instalación lumínica, distribución das obras, montaxe e acondicionamento, medidas de conservación e seguridade, para concluir nunha última fase coa parte didáctica para as visitas escolares e de público en xeral, e co plan de difusión nos medios de comunicación e nas redes sociais, etc.Este peche temporal suporá unha mellora de cara a todos os visitantes que poderán apreciar a calidade das novas obras expostas dentro do contexto de toda a colección.Rogamos desculpen as molestias que este proceso poida ocaionarlles.