Semana de concertos no Museo de Belas Artes da Coruña
Durante a semana do 30 de setembro ao 5 de outubro, o Museo de Belas Artes da Coruña contará con diferentes concertos.
Ciclo de concertos de cámara da Orquesta Sinfónica de Galicia
· Mércores 1 de outubro, ás 19:00h
Grupo Instrumental Siglo XX
Florian Vlashi (violín), Nicolás Gómez Naval (trompa) e Alicia González Permuy (piano)
· Xoves 2 de outubro, ás 19:00h
Ensemble Clásico y Barroco
Violines: Adrián Linares Reyes, Caroline Bournaud, Gertraud Brilmayer, Enrique Iglesias Precedo, Ángel Marote e Diana Pogoshyan.
Violas: Raymond Arteaga e Alison Dalglish.
Violonchelos: Andrea Fernández e Ramón Solsona.
Contrabaixo: Mario Rodrigues.
Entrada libre ata completar aforo
Temporada Lírica 2025
· Sábado 4 de outubro, ás 18:00h
Concerto final do curso de interpretación vocal da Temporada Lírica 2025, de Amigos da Ópera de A Coruña.
Entrada libre ata completar aforo
Concerto Casa-Museo Manuel María
· Domingo 5 de outubro, ás 12:00h
Repertorio en que se inclúen as cancións finalistas do IV Concurso Manuel María de Composicións Musicais.
O barítono Gabriel Alonso e o pianista Ricardo Blanco interpretarán as cinco composicións finalistas do concurso. A continuación presentarán en concerto unha serie de cancións galegas.
Entrada libre ata completar aforo.