modernismo.jpg

VISITAS GUIADAS á exposición temporal

A partir do sábado 2 de outubro iníciase o programa de visitas guiadas
á mostra "A aventura modernista nas coleccións do MNAC", que se
desenvolverá para o público en xeral os sábados ás 18.30 horas e os
domingos ás 12.30 horas, sendo a entrada libre.Os grupos culturais que desexen concertar unha visita guiada deberán contactar previamente co museo para concretar o día da semana e a hora, preferentemente polas tardes.