A edición e o prólogo, onde se estuda a obra de Seoane, corre a cargo de Raimundo Patiño.

Nesta edición facsímil de 1975 recóllense unha serie de grabados aparentemente de carácter científico, que representan diferentes insectos; sen embargo, estes aparecen deformados e acompañados dunha inscrición satírica, achegándoos á verdadeira finalidade do artista, á crítica social, comparando aos insectos cos homes.

"Ninguén pode rir dun home, mais si sorrir do insecto que levan en sí tantos homes"

Editorial Tres, Catorce, Diecisiete, edición facsímil, Madrid, 1975.