Organización do Museo

Debido ao roubo en 1985 das táboas de Rubens pertencentes á colección do museo, tiveron lugar unha serie de cambios na organización da institución.

En primeiro lugar, o museo é incorporado á Rede de Museos do Estado como museo de titularidade estatal, cunha dotación orzamentaria e cun edificio propio que se acorda construír nese momento e que se inaugurará no ano 1995, realizado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto.

No ano 1989, tras o Real Decreto 1531/1989 do Ministerio de Administraciones Públicas, do 15 de decembro, traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia a xestión dos medios persoais e orzamentarios para o desenvolvemento da xestión en materia de bibliotecas, arquivos e museos de titularidade estatal; polo que en 1995 incorpórase o persoal funcionario e laboral pertencente aos corpos da Administración autonómicas, ampliándose en 1996, 1997 e ata finalizar o proceso selectivo no ano 2003.