Caruncho, Luis

Coruña (A) (m)
-
1929
Coruña (A) (m)
-
07/10/2016

Luís Caruncho Amat (A Coruña, 1929-2016). Procedente do campo do deseño e a arquitectura, a súa aposta constructivista conforma unha traxectoria baseada na xeometría e a tecnoloxía. Pictoricamente evoluciona dunha etapa dominada pola figuración sintética a unha indagación das formas elementais, xa abstractas, así como ás posibilidades da materia. Experimentará todas as combinacións posibles a partir dun único módulo situando as súas obras a metade de camiño entre a escultura e a pintura. Despois dirixirase cara posturas relacionadas coa arte cinética e o op-art ou arte óptica, indagando as posibilidades que ofrecía o xogo da percepción visual. Caruncho dirixiu na Coruña a Sala Giannini, lugar onde se expuxeron as obras de artistas representantes da vangarda española: Tàpies, Canogar, Pablo Serrano, ou Alberto Datas.

Obras do/a autor/a