Molezún, Manuel

Coruña (A) (m)
-
19/11/1920
Madrid (m)
-
02/02/2001

Manuel Suárez-Pumariega Molezún (A Coruña 1920- Madrid, 2001). Aínda que nace na Coruña vivirá en Madrid desde os oito anos. Aínda que o seu interese polo artístico xorde na súa infancia, estuda medicina, e chega a exercer esta profesión entre 1940 e 1955, dedicándose despois en exclusiva á actividade artística. Nesa época tamén abandona a práctica deportiva na categoría de atletismo, que lle permitía representar a España nos Xogos Olímpicos de Londres en 1948. Ao longo da súa carreira, Molezún obtén unha variedade de premios, en paralelo á celebración de exposicións en todo o mundo.

Co paso dos anos a abstracción de Molezún vólvese máis complexa. Se nos anos sesenta dominaba o compoñente gestual da cor, nos setenta reforza os elementos xeométricos e posteriormente, desde 1980, época en que obtén unha praza na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid, o soporte de madeira adquire un protagonismo esencial intensificando o aspecto velado do espazo no cadro. Na súa pintura o cromatismo é sobrio, cunha gama de grises, ocres, brancos e negros, incorporando nos noventa leves toques de cor cálida.

Obras do/a autor/a