Imaxe:
Ibiza nº 6
Folla técnica
Número de inventario:
4923
Materia / Soporte:
Lenzo
Pintura acrílica
Contexto cultural / Estilo:
Abstracción
Cronoloxía:
1962
Clasificación:
Pintura
Sala:
Procedencia:
Depósito Xunta. Compra: Molezún, Manuel (05/02/1996)
Historial:
1992: Exposición Antolóxica. Centro Cultural Caixavigo.
1996: Importante mostra retrospectiva de Molezún. Kiosko Alfonso. A Coruña
Medidas:
Con marco: Altura = 133,3 cm; Anchura = 199,5 cm; Profundidade = 3 cm
Lenzo: Altura = 130 cm; Anchura = 195 cm
Obxecto:
Cadro
Composición lograda mediante a conxugación simultánea de planos creados a partir da forma e a cor. As gamas cromáticas permiten crear un elaborado xogo de transparencias e veladuras, como tamén destacados valores lumínicos.
O trazo das liñas é dinámico e ondulante, marca a harmonía do cadro como querendo delimitar zonas cromáticas, creando límites á cor.
A obra pertence á serie - Eivissa 62-, presentada no seu conxunto na galería Neblí en 1962, serie na que dá o paso definitivo á abstracción.