APRENDER A VER… O teatro en relación coas artes plásticas

Sábados, 6, 13 e 20 de novembro de 2010
-
de 11:30 a 13:30 h
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Santi Prego. Profesor da ESAD de Galicia, no departamentode Teoría e Historia do Teatro
Público:
Adulto
Prazas:
40 (con inscrición previa)
Prezo:
Gratuíta
Lugar:
Salón de actos do museo

Estructura e contidos:

6 de novembro. O MODELO DRAMATÚRXICO NAS ARTES PLÁSTICAS

Dramaticidade e teatralidade nas artes plásticas. Abstracción, realismo e mímese  en artes escénicas e artes plásticas. As artes plásticas como espectáculo. A forma, a experiencia estética e a comunicación nas artes.

PRÁCTICA: Análise dun cadro desde o punto de vista teatral

 

13 e 20 de novembro. OS OFICIOS DOS ARTISTAS PLÁSTICOS NO TEATRO

Decorados, telóns de boca, maquillaxes, máscaras, deseño e construción de atrezzo. A iluminación. Arquitectura teatral: o corral, o teatro grego, romano, o teatro de verdura, a rúa. A posta en escena. O teórico-historiador do teatro e a súa relación coas artes plásticas como principal fonte documental.

PRÁCTICA: Prácticas de composición (dirección de escena)

 

RESERVA DE PRAZA:. Desde esta web (premer aquí). Chamando ao museo, tlf: 981 223 723 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: As prazas son limitadas, por rigurosa orde de inscrición, polo que unha vez solicitada a reserva de praza na actividade é necesario recibir a confirmación por parte do museo. Estas datas poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.

Documentos:
Anexo Tamaño
ver programa 49.09 KB