Actividades

cursos
Mércores, do 15 de outubro ao 17 de decembro - 11:30 a 12:30 horas
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Novo curso do ciclo "Os temas da arte", nesta ocasión vinculado co contexto da mostra A Barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo.

cursos
Mércores, do 2 de abril ao 28 de maio (agás o 16 de abril) - de 11:30 a 13:00 horas
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Novo curso do ciclo "Os temas da arte": Tirando do fío (II). A arte e a moda: a moda decimonónica.
O curso supón a continuidade do ciclo Tirando do fío, coa intención de abordar os cambios históricos substanciais do século XIX e de atender a consecuente evolución dos valores do traxe en Occidente.

cursos
Martes, do 8 de outubro ao 17 de decembro de 2024 - 18:00 a 19:00 horas - PRAZAS ESGOTADAS
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Novo curso do ciclo "Os temas da arte": Deuses e heroes da mitoloxía clásica.

cursos
Martes, do 23.04.2024 - 04.06.2024. - 11:30 - 12:30h - PRAZAS AGOTADAS
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Novo curso do ciclo "Os temas da arte": O modernismo, un estilo para unha nova cidade, un percorrido pola historia da arquitectura modernista, as súas influencias e o seu nacemento nas distintas escolas europeas e a súa difusión internacional. 

cursos
Xoves, do 19.10.2023 - 14.12.2023 - 11:30 - 13:00 h
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

"Tirando do fío" atende a evolución dos valores da vestimenta a través de obra plástica relevante de cada período.

cursos
20.10.2022 - 01.12.2022 - de 11.30 a 13.00 h
Salón de actos - Museo de Belas Artes da Coruña
Avantaxado feminino pretende un percorrido polos camiños artísticos do século XX da man de creadoras que deixaron unha pegada significativa no seu campo de traballo. Durante o curso faremos unha aproximación aos avatares creativos de artistas que dirixiron o seu talento ao ámbito da fotografía, a escultura, a pintura ou a moda. O pretexto biográfico concederá unha mirilla ao contexto histórico no que cada autora logrou desenvolver a súa traxectoria e aos estímulos vangardistas claves do seu tempo.

 

cursos
Martes, do 5 de abril ao 14 de xuño de 2022 - de 11:30 a 12:30h
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Tras as vangardas europeas e españolas nas dúas primeiras décadas do século XX, e tras a II República, os anos da ditadura franquista impuxeron uns baluartes doctrinales nas artes visuais que practicamente duraron ata os anos 80 do pasado século.

cursos
Xoves, do 21 de outubro ao 16 de decembro de 2021 - de 11:30 a 12:30h
Salón de actos do museo

CURSO

OS TEMAS DA ARTE

ARTE E EMOCIÓN

O curso fará un percorrido por cada unha das emocións, constatando como o artista, a través da cor, a luz, o ritmo ou a composición, é capaz de espertar a emoción no espectador que contempla as súas obras.

O curso desenvolveráse durante oito clases e, como é habitual, fará referencia ás obras da colección do museo, entre outras.

cursos
Mércores, do 9 de outubro ao 11 de decembro de 201 - de 11.30 a 12.30 h
Salón de actos do museo

Curso

Os temas da arte:

AVANTAXADO FEMENINO

Mulleres artistas do século XX

 

Lugar: Salón de actos do museo

Datas: Mércores, do 9 de outubro ao 11 de decembro de 2019

Horario: de 11.30 a 12.30 h

cursos
Quendas do 5 ao 28 de novembro de 2019 - Mañá ou tarde, segundo as quendas
Museo de Belas Artes da Coruña

DISTRITO 15002

Arte | Comunidade | Cultura

Un proxecto co que descubrir, explorar e compartir a historia da cidade da Coruña a través do museo.

 

Deseña e imparte: Jaime Capilla (Lugo, 1984). Mediador e xestor cultural, titulado en Historia da arte, con estudos de posgrao en xestión cultural e educación en museos.

 

Organiza: Museo de Belas Artes da Coruña