Arte barroca en Galicia

Martes, do 14 de outubro ao 2 de decembro
-
11:30 h
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes
Monitor:
Pablo Cobas
Público:
Adulto
Prazas:
100
Prezo:
15€ (Amigos do museo 10€)
Lugar:
Salón de actos do museo

ARTE BARROCA EN GALICIA

O curso pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado que busque unha formación básica sobre a Historia da Arte Galega, utilizando como exemplos algunhas das obras pertencentes ao patrimonio e  ás coleccións dos museos coruñeses, especialmente o de Belas Artes.

SESIÓNS DO CURSO:Martes, do 14 de outubro ao 2 de decembro de 2014,

en horario de 11:30 a 12:30 h.

PROGRAMA: 

1ª sesión: Presentación e contexto político, económico esocial.

2ª sesión: A chegada da arquitectura barroca (2º terzo do século XVII).

3ª sesión: A arquitectura barroca como un estilo asumido (último terzo do século XVII).

4ª sesión: Os grandes arquitectos barrocos do século XVIII: Fernando de Casas Novoa.

5ª sesión: Os grandes arquitectos barrocos do século XVIII: Simón Rodríguez.

6ª sesión: O Rococó como nova estética.

7ª sesión: Escultura, pintura e artes decorativas.

8ª sesión: Visita: A arte barroca na Coruña.

 

 

RESERVA DE PRAZA*:. Desde esta web (premer aquí). Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas  do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.