Arte medieval en Galicia
O curso pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado que busque unha formación básica sobre a historia da arte galega, utilizando como exemplos algunhas das obras pertencentes ao patrimonio e ás coleccións dos museos coruñeses, especialmente ao de Belas Artes. Prazas limitadas con inscrición previa.SESIÓNS DO CURSO:Mércores, do 19 de marzo ao 28 de maio de 2014, das 11.30 ás 12.30 hPROGRAMA:1ª sesión: Presentación, introdución e contexto histórico 2ª sesión: Arte Paleocristiá, Galicia baixo o dominio suevo e arte na época hispano-visigoda3ª sesión: Arte asturiano e arte durante o século X4ª sesión: Os inicios do Románico5ª sesión: O auxe do Románico 6ª sesión: Arquitectura cistercense 7ª sesión: O mestre Mateo e o seu taller 8ª sesión: O Gótico en Galicia (I)9ª sesión: O Gótico en Galicia (II)10ª sesión: Visita: A arte medieval na CoruñaRESERVA DE PRAZA*:. Desde esta web (premer aquí). Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.