CICLO DE CONCERTOS After the Whale

20.10.2022
27.10.2022
-
20:00 horas
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Xeral
Prazas:
Entrada libre
Lugar:
Salón de actos - Museo de Belas Artes da Coruña

O Museo de Belas Artes da Coruña anuncia a celebración dun ciclo de concertos relacionados coa actual exposición After the whale. Un diálogo co Museo. Manuel Vilariño. A temática dos concertos, o Barroco e o Romanticismo, está relaciona co diálogo que se establece na exposición entre as imaxes do fotógrafo galego en contrapunto coas obras da colección permanente do Museo.

O ciclo consta de dous concertos que se celebrarán os xoves 20 e 27 de outubro ás 20:00 horas no salón de actos do museo, cunha breve presentación previa da relación temática dos períodos do Barroco e do Romanticismo coas obras expostas nas devanditas salas do museo.

O primeiro concerto, dedicado ao Barroco, está a cargo do pianista Julio Mourenza que interpretará as “Variaciones Goldberg” (1741) , de J.S. Bach. O segundo concerto dedicado á época do Romanticismo, o violonchelista Gregorio Keilin acompañado pola pinanista Hiwot Vilariño interpretarán: Balada nº 4 en Fa menor, op. 52, de F. Chopin; Sonata D 821, “Aprpeggione”: Allegro Moderato, de F. Schubert; e Pezzo Capriccioso, op.62, de P. Tchaikovsky.

 

PROGRAMACIÓN

 

Xoves 20 de outubro, ás 20:00h

O Barroco

Julio Mourenza (piano)

 

PROGRAMA

Variaciones Goldberg” (1741) de J.S. Bach

 

 

Xoves 27 de outubro, ás 20:00h

O Romanticismo

Gregorio Keilin (violonchelo)

Hiwot Vilariño (piano)

 

PROGRAMA

F. Chopin

Balada nº 4 en Fa menor, op. 52.

 

F. Schubert

Sonata D 821, “Arpeggione”: Allegro Moderato.

 

P. Tchaikovsky

Pezzo Capriccioso, op. 62.

 

 

Documentos:
Anexo Tamaño
Concertos After the Whale 820.56 KB
Conciertos After the Whale 820.52 KB