CURSO "OS TEMAS DA ARTE": AVANTAXADO FEMININO II. CREADORAS DO SÉCULO XX

20.10.2022 - 01.12.2022
-
de 11.30 a 13.00 h
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Carolina Munáiz
Público:
Adulto
Prazas:
Limitadas, previa inscrición
Prezo:
15,00 € (Amigos Museo 10,00 €)
Lugar:
Salón de actos - Museo de Belas Artes da Coruña
Avantaxado feminino pretende un percorrido polos camiños artísticos do século XX da man de creadoras que deixaron unha pegada significativa no seu campo de traballo. Durante o curso faremos unha aproximación aos avatares creativos de artistas que dirixiron o seu talento ao ámbito da fotografía, a escultura, a pintura ou a moda. O pretexto biográfico concederá unha mirilla ao contexto histórico no que cada autora logrou desenvolver a súa traxectoria e aos estímulos vangardistas claves do seu tempo.

 

A aínda encorsetada Belle Époque arrolábase polos aires modernos que, inevitablemente, desprendía a omnipresente idea de progreso. Na sociedade vienesa de cambio de século, Emilie Flöge presentará audaces claves de moda dirixidas á reforma do vestido, asunto abordado desde círculos intelectuais e cosmopolitas, e á zaga da influencia do movemento Arts and Crafts asimilada no continente. Alén do Atlántico, a Galería 291 de Alfred Stieglitz na Quinta Avenida abanderaba a difusión da vangarda europea en Nova York. Aquel espazo efervescente tamén apoiará a aposta por unha linguaxe moderna autóctona: celebrando, en 1916, a primeira exposición individual de Georgia O´Keeffe, dará conta dos inicios dunha das traxectorias máis relevantes da pintura moderna norteamericana. Acontecida a Primeira Guerra Mundial, un novo panorama emerxía para sortear a atroz crise. A Alemaña vangardista de posguerra acollerá as ideas de Walter Gropius materializadas na Bauhaus de Weimar; a famosa escola, aínda que se inclinaba cara a un alumnado mixto e igualitario en aras do seu compromiso transformador coa sociedade, acabaría primando para as alumnas os considerados talleres femininos. Mais o pulso artístico non se vería decimado: á vez do traballo de compañeiras talentosas, Anni Albers acabará elevando o deseño téxtil ao campo da experimentación conceptual e vangardista.

 

O curso recompila estas e outras biografías para profundar tanto no plano creativo como no plano vital no que as autoras desenvolveron a súa profesión, o que posibilita situar claros referentes femininos no contexto social e cultural das dispares décadas do convulso, tamén fascinante, século vinte.

 

DESENROLO

Curso de sete sesións. Duración estimada sesión: 1h.30 min.

Aulas teóricas acompañadas de imaxes, formato visual mediante proxección.

 

PROGRAMA

Sesión 1. Emilie Flöge. Moda

Sesión 2. Georgia O´Keeffe. Pintura

Sesión 3. Anni Albers. Deseño téxtil.

Sesión 4. Lee Miller. Fotografía.

Sesión 5. Leonora Carrington. Pintura.

Sesión 6. Marisol Escobar. Escultura.

Sesión 7. Cristina García Rodero. Fotografía

 

 

MONITORA

CAROLINA MUNÁIZ (Pontevedra, 1976). Docente na Escola Superior de Deseño de Moda Formarte da Coruña, titulada en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e con formación Primeiro Ciclo da Escola de Canteiros de Pontevedra (Premio modelado, 2003), é profesora das materias de Historia da Indumentaria e Historia da arte e da Moda do século XX.

Inscrición:
  • Reserva de praza:

Cubrir a folla de inscrición que se adxunta abaixo en pdf e entregala no museo ou enviala ao seguinte correo electrónico: actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal.

 

  • Pago da matrícula:

Unha vez recibida a folla de inscrición e confirmada a praza por email, pódese efectuar o pago da matrícula ingresando o importe no número de conta que se indica no impreso e enviar o resgardo do pago ao mesmo email ou ben entregalo no propio museo.

 

  • Máis información:

Para calquer consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

 

Documentos:
Anexo Tamaño
Formulario de matrícula 25.3 KB