CURSO "OS TEMAS DA ARTE": DEUSES E HEROES DA MITOLOXÍA CLÁSICA
Novo curso do ciclo "Os temas da arte": Deuses e heroes da mitoloxía clásica, unha temática na que con afán divulgativo, pero rigoroso, se estudará que son os mitos e a forma particularmente rica que lle deron os gregos, única entre as mitoloxías dos pobos indoeuropeos.
A súa explicación transportaranos nunha viaxe polas palabras, as Belas Artes e a Literatura do mundo occidental, con atención a Galicia e especalmente á Coruña, cos seus museos e paisaxe urbana.
Datas: Martes, do 8 de outubro ao 17 de decembro de 2024 (agás o 3 de decembro).
Horario: 18:00 a 19:00 h
Lugar: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña
Programación
8 de outubro - Sesión 1: Introdución. Definición de mito e as súas interpretacións. Características da Mitoloxía grega e as súas fontes.
15 de outubro - Sesión 2: Do Caos ao nacemento dos Olímpicos.
22 de outubro - Sesión 3: O poder supremo: Zeus e Hera.
29 de outubro - Sesión 4: A terra, o mar e o ceo: deusas da fertilidade, Poseidón, astros divinizados.
5 de novembro - Sesión 5: O reino de Hades e dous deuses "colaboradores": Hermes e Ares.
12 de novembro - Sesión 6: As deusas virxes. O amor: Afrodita e Eros.
19 de novembro - Sesión 7: Unha aparente rivalidade: Apolo e Dioniso.
26 de novembro - Sesión 8: Orixe mitolóxica da humanidade. Divindades colectivas.
10 de decembro - Sesión 9: Heroínas e heroes: a inquietante Fedra, o noso Hércules.
17 de decembro - Sesión 10: Roteiro mitolóxico virtual pola Coruña.
Desenvolvemento do curso
Curso de 10 sesións.
Duración estimada 1h.
Achegarémonos aos mitos clásicos a través das súas fontes, estudando o vocabulario xurdido deles, e apoiándonos nas imaxes dos artistas as que deron pé ao longo da historia. Cada sesión finalizará co comentario de pasaxes literarias e musicais inspiradas nun mito en concreto.
FERNANDO DOMÈNECH (A Coruña, 1965). Licenciado en Filoloxía Clásica e Filoloxía Románica (Italiano) pola USC. Docente e tradutor, é Catedrático de Latín no IES María Casares de Oleiros (A Coruña). É tradutor ao castelán de Nicolás Maquiavelo (toscano), e ao galego de Pico della Mirandola (latín) e Isabelle Eberhardt (francés). Na actualidade traballa na tradución ao galego e comentario das traxedias Medea e Fedra de Séneca.
INSCRICIÓN COMPLETA
- Reserva de praza:
Inscrición online exclusivamente mediante o formulario dispoñible nesta páxina, a partir do luns 30 de setembro ás 10 horas.
- Pago da matrícula:
Unha vez confirmada a praza por email, efectuar o pago da matrícula ingresando o importe no número de conta (ABANCA ES12 2080 0000 7030 4014 7145) e enviar o resgardo do pago ao email actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal.
- Para máis información:
Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.