
CURSO "OS TEMAS DA ARTE": TIRANDO DO FÍO
Novo curso do ciclo "Os temas da arte" que baixo o título Tirando do fío, atende a evolución dos valores da vestimenta mediante exemplos de obra plástica relevante de cada período, a través de pezas icónicas de artistas que captaron con mestría e interese atributos e hábitos, en tantas ocasións traducidos como símbolos de poder e autoridade dos retratados.
Nas diferentes sesións, o curso achegarase aos cambios históricos substanciais e o seu reflexo nas pezas icónicas de cada período cultural; a simboloxía cromática do téxtil, o inspirador ámbito militar no traxe civil, a convivencia e separación de criterios masculino e feminino, a adopción e percorrido das artificiosas pezas interiores ou a propaganda de poder da casa dos Austrias e da coroa francesa.
Datas: Xoves do 19 de outubro ao 14 de decembro de 2023 (agás o 7 de decembro).
Horario: 11:30 a 13:00 h
Lugar: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña
Programación
19 de Outubro - Sesión 1: O Antigo Exipto.
26 de Outubro - Sesión 2. Da Grecia prehelénica á Grecia Clásica.
02 de Novembro - Sesión 3. Indumentaria do Imperio: Roma e Bizancio.
09 de Novembro - Sesión 4. A Europa medieval: o Románico.
16 de Novembro - Sesión 5. Baixa Idade Media: o Gótico.
23 de Novembro - Sesión 6. O Renacemento.
30 de Novembro - Sesión 7. A cultura do Barroco.
14 de Decembro - Sesión 8. A moda rococó.
Desenvolvemento do curso
Curso de 8 sesións.
Duración estimada 1h e 30 min
Aulas teóricas acompañadas de imaxes, formato visual mediante proxección.
CAROLINA MUNÁIZ (Pontevedra, 1976). Docente na Escola Superior de Deseño de Moda Formarte da Coruña, titulada en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e con formación Primeiro Ciclo da Escola de Canteiros de Pontevedra (Premio modelado, 2003), é profesora das materias de Historia da Indumentaria e Historia da arte e da Moda do século XX.
- Reserva de praza:
Inscrición online mediante o formulario dispoñible nesta páxina ou a través da folla de inscrición, que pode ser entregada no museo ou enviada ao correo electrónico: actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal
- Pago da matrícula:
Unha vez recibida a folla de inscrición e confirmada a praza por email, efectuar o pago da matrícula ingresando o importe no número de conta (ABANCA ES12 2080 0000 7030 4014 7145) e enviar o resgardo do pago ao mesmo email ou ben entregalo no propio museo.
- Para máis información:
Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.
Anexo | Tamaño |
---|---|
Folla de inscrición | 49.3 KB |