A historia da arte galega II

Martes, do 8 de outubro ao 10 de decembro
-
de 11.30 a 12.30 h
Tipo:
Organiza:
Asociación de Amigos do Museo
Monitor:
Pablo Cobas
Público:
Adultos
Prazas:
100
Prezo:
20 € (Amigos Museo 15 €)
Lugar:
Salón de actos

A HISTORIA DA ARTE GALEGA II

Este curso de formación para adultos pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado, pero si interesado, que busque unha formación básica, de forma amena e divertida, sobre a Historia da Arte en Galicia e os fundamentos da pintura, a arquitectura e a escultura dende a antigüidade ata a actualidade, utilizando como exemplos algunhas das obras pertencentes ao patrimonio e aos museos coruñeses, especialmente o de Belas Artes.Monitor: Pablo CobasDatas: Martes, do 8 de outubro ao 10 de decembro de 2013

Horario: das 11.30 ás 12.30 hPROGRAMA:

•        1ªsesión: Arquitectura,escultura e pintura barroca.

•        2ª sesión: Neoclasicismo.

•        3ªsesión: Visitaaos exemplos barrocos da cidade.

•        4ª sesión:Pintura da segunda metade do século XIX: Romanticismo (Villaamil, Fierros,Cancela del Río) Realismo (Avendaño), os Pintores Profesores (Fenollera, RománNavarro, Modesto Brocos) e a Xeración Doente (Ovidio Murguía, Jenaro Carrero,Vaamonde, Parada Justel).

•        5ª sesión:Arquitectura: Romanticismo, Eclecticismo, Modernismo e as transformaciónsurbanas.

•        6ª sesión:Visita aos exemplos eclécticos e modernistas da cidade.

•        7ª sesión:Pintura e escultura da primeira metade do século XX: Rexionalismo e vangardashistóricas.

•        8ª sesión:Arquitectura: Do Racionalismo ao século XXI.

•        9ª sesión: Pinturae escultura das décadas dos 50, 60 e 70: Entre a Abstracción e a Figuración.

•        10ª sesión: Pinturae escultura a partir dos anos 80: O Atlantismo e as novas transformacións estéticas.

RESERVA DE PRAZA*: . Desde esta web (premer aquí)  . Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigorosa orde de inscrición. Para formalizar a matrícula, o interesado deberá recibir a confirmación da reserva da praza antes de proceder ao abono do curso mediante o procedemento que se lle indique. As datas poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.