A historia da arte a través dos museos (segunda parte)
O curso pretende achegarse a un colectivo adulto, non especializado pero si interesado, que busque obter unha información básica, dun xeito ameno e divertido, sobre a historia da arte desde a Antigüiidade ata a actualidade, utilizando como exemplos algunhas das obras pertencentes ás coleccións dos máis importantes museos e facendo especial fincapé na colección permanente do Museo de Belas Artes.
SESIÓNS: Neste segundo ciclo os contidos distribuiranse do seguinte xeito:
1º sesión: Neoclasicismo, Goya 2º sesión: Romanticismo, Realismo 3º sesión: Paisaxismo, Impresionismo, Postimpresionismo 4º sesión: Fauvismo, Expresionismo, Cubismo, Futurismo, Pintura metafísica 5º sesión: Camiño á abstracción: Kandinsky, Neoplasticismo, Vangarda rusa. Escultura (Brancusi, Julio González, Picasso…) 6º sesión: Operíodo de entreguerras: Dada, Nova Obxectividade, Bauhaus, Surrealismo 7º sesión: Da posguerra á década dos 60: Expresionismo abstracto, Informalismo, Pop art, Novo Realismo 8º sesión: A década dos 60: Abstracción Postpictórica, Minimal art, Arte Povera, Arte cinético, Arte de acción, Happenings, Arte Conceptual, Body art, Land art 9º sesión: Tendencias posmodernas (Neoexpresionismo alemán, Transvangarda italiana, Arte español dos 80, Nova escultura inglesa…) 10º sesión: por concretar
RESERVA DE PRAZA:
. Desde esta web (premer aquí)
. Chamando ao museo, tlf: 981 223 723 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)
*NOTA: As prazas son limitadas, por rigurosa orde de inscrición, polo que unha vez solicitada a reserva de praza na actividade é necesario recibir a confirmación por parte do museo. Estas datas poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.