I CICLO "MUSEOS DE CINE"

17 de abril, 8 de maio e 5 de xuño
-
19:30 h
Tipo:
Organiza:
Asociación de Amigos do Museo en colaboración con el Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Xeral
Prezo:
Gratuito
Lugar:
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Comezamos este ciclo “Museos de Cine” co obxectivo de redescubrir as salas dos museos. Percorreremos o Museo del Prado, a National Gallery e o Museo do Hermitage transportados por unha cámara para coñecer esas pinceladas escondidas, a tremoia que hai detrás destas grandes institucións culturais e a historia do noso continente.

Convidámosvos a esta viaxe esperando poder realizar outras nun futuro.

Datas: Mércores 17 de abril, 8 de maio e 5 de xuño.

Horario: 19:30h

Entrada libre ata completar aforo


Programación

17 de abril
Presentación do ciclo: David Castro de Paz. Profesor de Historia do Cinema en Posgrado en Estudos Teatrais e Cinematográficos (UDC).
La pasión del Prado (España, 2014), de Juan Carlos Morales Asenjo e José Morillas Cantero. (Duración: 52 min)

8 de maio
National Gallery (Reino Unido, 2014), de Frederick Wiseman. (Duración: 173 min)

5 de xuño
El arca rusa (Rusia, 2006), de Aleksandr Sokurov. (Duración: 96 min)

 

Documentos:
Anexo Tamaño
i-ciclo-museos-de-cine.pdf 458.83 KB