II CICLO "MUSEOS DE CINE"

Mércores 2, 23 e 30 de abril
-
19:30 horas
Tipo:
Organiza:
Asociación de Amigos do Museo en colaboración co Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Xeral
Prazas:
Ata completar aforo
Prezo:
Gratuito
Lugar:
Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Iniciamos unha nova edición deste ciclo de cinema, tanto de documental como de ficción, que pretende descubrirnos as salas dos museos, as galerías de arte, a actividade que alí se realiza e o papel dos seus protagonistas, para que así, transportados pola mirada do autor, podamos coñecer a tremoia que se esconde tras estas grandes e/o pequenas institucións culturais. Convidámosvos a compartir connosco esta apaixonante viaxe.

Datas: Mércores, 2, 23 e 30 de abril de 2025

Horario: 19:30 horas

Entrada libre ata completar aforo


Programación

2 de abril
El gran Museo (Austria 2014) 94 min.
Dirección e guión: Johannes Holzhausen
Fotografía Attila Boa, Joerg Burguer

Este potente documental móstranos a vida dentro do Museo de Historia da arte de Viena, unha das pinacotecas máis importantes do mundo, que foi construída, imaxinada e inaugurada polos Habsburgo en 1891. O director non só ilústranos coas obras de arte, senón que segue no seu traballo diario aos conservadores, administradores, técnicos e a gran parte do persoal do Museo convidándonos a reflexionar sobre a engrenaxe que o mantén vivo. Foi galardoada no Festival de Berlín.

23 de abril
The Square (Suecia 2017) 151 min.
Dirección e guión: Ruben Östlund
Fotografía: Fredrik Wenzel
Reparto: Claes Bang, Elisabeth Moss, Dominic West

Cinta gañadora da Palma de Ouro en Cannes no ano 2017 e do Goya a mellor película europea en 2018. Poderosa e perturbadora crítica á sociedade actual e á vez irónica, sarcástica e divertida. Personaxes peculiares e extravagantes que saltan de hilarantes escenas a situacións cargadas de incomodidade para situar ao espectador fóra da súa zona de confort.

30 de abril
Francofonía (Francia, Alemania e Países Baixos 2015) 85 min.
Dirección y guión: Alexander Sokurov
Fotografía: Bruno Delbonnel
Reparto: Louis-Do de Lencquesaing, Vicent Nemeth, Johanna Korthals Altes

Ambientada no Paris de 1940, a cinta servíndose de imaxes documentais, de ficción e rodadas en diferentes soportes, propón unha mirada sobre a arte e o poder, co Museo do Louvre como lugar de referencia. Todo iso co pano de fondo as conversacións entre o oficial responsable da xestión cultural durante o 3º Reich e o director francés do Museo, En palabras do seu director “Francofonia é máis unha colaxe que un percorrido cronolóxico que segue os meandros dos cambiantes procesos da mente”.

Documentos:
Anexo Tamaño
cine-2025_gal.pdf 453.09 KB
cine-2025_cast.pdf 453.52 KB