III CICLO "MUSEOS DE CINE"

Mércores, 8, 15 e 29 de abril
-
19:30 horas
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo
Público:
Xeral
Prazas:
Libre ata completar aforo
Lugar:
Salón de actos do Museo

Iniciamos unha nova edición deste ciclo de cinema, tanto de documental como de ficción, que pretende descubrirnos as salas dos museos, as galerías de arte, a actividade que alí se realiza e o papel dos seus protagonistas, para que así, transportados pola mirada do autor, podamos coñecer a tremoia que se esconde tras estas grandes e/o pequenas institucións culturais. Convidámosvos a compartir connosco esta apaixonante viaxe.

Datas: Mércores, 8, 15 e 29 de abril de 2026

Horario: 19:30 horas

Entrada libre ata completar aforo


Programación

8 de abril
Los crímenes en el Museo de Cera (Estados Unidos, 1953) 85 min.
Dirección: André de Toth
Guion: Crane Wilburn
Fotografía: Bert Glenon
Reparto: Vicent Price, Frank Lovejoy, Phyllis Kirk, Carolyn Jones, Chrales Bronson

Un escultor de figuras de cera crea no seu pequeno museo obras que teñen o propósito de chegar a plasmar a beleza coa máxima perfección posible. Un dos títulos máis soados do cine de terror, con gran potencia visual, e excelentes interpretacións acompañados dunha intensa banda sonora. A trama é tan inquietante como a interpretación de Vicent Price que continuou a súa carreira encarnando todo tipo de escuros personaxes.

15 de abril
Topkapi (Estados Unidos, 1964) 120 min.
Dirección: Jules Dassin
Guion: Monjia Danischewsky
Fotografía: Henri Alekan
Reparto: Melina Mercouri, Peter Ustinov, Maximilian Schell, Robert Morley

Estamos ante unha película do xénero de roubos, sofisticado neste caso e, que conta co aliciente do gran Peter Usinov, galardoado cun Óscar pola súa interpretación. Melina Mercouri e Maximilian Schell intentarán facerse coa marabillosa daga exhibida no museo Topkapi, un dos mellor custodiados do mundo, e recrutarán a un heteroxéneo grupo de afeccionados para lograr o seu obxectivo.

29 de abril
Más que un museo (España, 2024) 64 min.
Dirección: Morrosko Vila-San-Juan
Guion: Morrosko Vila-San-Juan y Yolanda Blázquez
Fotografía: Matilda Vidal de Llobatera, Enric Juste

En 2008 a cidade de Oslo convoca un gran concurso internacional para a construción do novo museo Munch. Contra todo prognóstico, gáñao un pequeno estudo español, Estudo Herreros, que é o único que propón un edificio en altura. Este documental narra a historia dun proxecto diferente e arriscado que se prolonga durante máis de doce anos, redefine o concepto de museo contemporáneo e é unha peza crave da gran trasformación arquitectónica e urbanística da cidade.

Documentos:
Anexo Tamaño
cine-2026_cast.pdf 469.89 KB
cine-2026_gal.pdf 469.44 KB