OBRADOIRO DE DEBUXO Redescubrindo a Ícaro
OBRADOIRO DE DEBUXO

REDESCUBRINDO A ÍCARO
Dirección: Xurxo Gómez-Chao
Datas: sábados, do 27 de outubro ao 1 de decembro
Horario: de 11:30 a 13:30 h
Matrícula: 30€ (Amigos do Museo: 25€)
Obradoiro no que, partindo dunha análise detida da obra de Jacob Peter Gowy, A caída de Ícaro (os seus trazos, pinceladas, o tratamento da cor, etc.) introducirémonos no coñecemento das distintas técnicas do debuxo para despois poder facer novas interpretacións da mesma.
RESERVA DE PRAZA*:. Desde esta web (premer aquí). Por correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal. Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 10:00 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.