OS TEMAS DA ARTE Arte e poder
Análise dos usos e funcións que as obras de arte adquirían como parte dos sistemas de poder. A arte convertida en representación do poder e arma propagandística e a inserción dos medios artísticos dentro das políticas de persuasión das clases dirixentes. Prazas limitadas con inscrición previa. PROGRAMAArte e poderArte Gótica como expresión de riqueza e poder das novas cidades medievais.Isabel a Católica, promotora artística.A Florencia dos Medicis, modelo de patronazgo.O Palacio de Carlos V na Alhambra e El Escorial de Felipe II, reflexo da búsqueda do prestixio.O Salón de Reinos do palacio do Buen Retiro e o seu poder propagandístico da monarquía.O Palacio de Versalles dentro da política de fabricación da imaxe de poder de Luis XIV.A función didáctica das artes durante a Contrarreforma. O barroco compostelán.A arquitectura do poder no século XX (Hitler, Stalin e Mussolini). RESERVA DE PRAZA*:. Desde esta web (premer aquí). Por correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.es . Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.