OS TEMAS DA ARTE: Introducción á historia da moda a través da pintura

Martes, do 10 de outubro ao 21 de novembro de 2017
-
de 18.30 a 19.30 h
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Mónica Rey Cabezudo
Público:
Adulto
Prazas:
Limitadas, con inscrición pre
Prezo:
15,00€ (Amigos Museo: 10,00
Lugar:
Salón de actos do museo

CURSO

OS TEMAS DA ARTE:

INTRODUCIÓN Á HISTORIA DA MODA A TRAVÉS DA PINTURA

Organiza: Asociación Amigos do Museo e colabora a Deputación Provincial da Coruña

Datas: Martes, do 10 de outubro ao 21 de novembro de 2017

Hora: de 18.30 a 19.30 h

Profesora: Mónica Rey Cabezudo

Aberto o prazo de matrícula: 15,00€ (Amigos Museo: 10,00 €)

O curso abranguerá diversos aspectos da historia da moda occidental dende a Antigüidade Clásica ata o mundo Contemporáneo. Os alumnos adquirirán coñecementos básicos sobre a historia da moda que lles permitirán enfrontarse ás distintas manifestacións artísticas dende o punto de vista da vestimenta. Así mesmo mellorará a súa concepción da evolución das formas, tecidos e a industria téxtil ao longo da historia e a súa importancia como elemento diferenciador das diferentes clases sociais. O curso contará cun total de sete sesións (dunha hora de duración), durante as que se abarcarán diversos aspectos da historia da moda occidental dende a Antigüidade Clásica ata o mundo Contemporáneo:1º Sesión: A Antigüidade Clásica: o mundo grego, entre a moda dórica e a helénica.2º Sesión:O mundo romano. A Alta Idade Media, entre o Imperio Carolingio e o Bizantino.3º Sesión: A Baixa Idade Media, a especialización e a suntuosidade na moda.4º Sesión: O Renacemento, as novas modas Europeas5º Sesión: O século XVII, entre gorgueras e infantados, e o século XVIII, o vestir en Francia e Inglaterra.6º Sesión: O século XIX, e a mecanización da produción textil.7º Sesión: O século XX, a Alta costura e o Pret-a-Porter.O curso rematará cunha visita guiada á colección permanente do museo.