OS TEMAS DA ARTE O camiño cara á modernidade. Tradición e vangarda
CURSO

OS TEMAS DA ARTE
O camiño cara á modernidade.
Tradición e vangarda
Profesoras: Ana Ulloa e Sonsoles Ortiz de Urbina
Datas: martes, do 30 deoutubro ao 18 de decembro
Horario: de 11:30 a 12:30 h
Matrícula: 15€ (Amigos do Museo:10€)
Percorrido analítico, estilístico e temático, mostrando a evolución da plástica desde o século XIX ao XX, analizando os elementos técnicos da pintura e abarcando desde o Realismo pictórico e a repercusión dos Rexionalismos, ata a renovación artística que chega co cambio de século, buscando unha nova modernidade na arte e desembocando nunha estética renovada e contemporánea.
RESERVA DE PRAZA*:. Desde esta web (premer aquí). Por correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal. Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 10:00 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.