OS TEMAS DA ARTE: O papel das mulleres artistas

Martes do 18 de marzo ao 27 de maio de 2014
-
de 11:30 a 12:30 h
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Ana Ulloa Sande
Público:
Adulto
Prazas:
40
Prezo:
15,00 € (Amigos Museo: 10,00
Lugar:
Salón de actos do museo

A finalidade o curso é ofrecer unha revisión da historia da pintura, na que, por regra xeral, non figuran as mulleres ata ben entrado o século XIX, a pesar de estar sempre presente.

As pintoras e escultoras son as grandes desterradas das enciclopedias e manuais sobre Arte. É incuestionable que a Arte necesita unha segunda mirada, incluíndo estas artistas, que achegará á súa historia, unha nova e diferente perspectiva, moito máis rica da que coñecemos.

Xa na Idade Media, o número de monxas e abadesas que desenvolveron a súa obranos "Scriptorium" medievais foi moito máis habitual do que podemos imaxinar. Tras o anonimato que lles brindaban os conventos e abadías, xeracións de monxas dedicáronse ao traballo de copiar e realizar miniaturas en códices e salterios.

Pero será a partir do Renacemento cando comeza a aumentar o seu número, nun principio vinculadas ao taller paterno. Destaca a obra de artistas relevantes como Sofonisba Anguissola, ou xa no XVII a de Artemisia Gentileschi ou Judith Leyster. No XVIII foi excepcional o papel de Élisabeth Vigée-Lebrun ou o de Angelica Kauffmann.

Tras a Revolución francesa foi algo máis doado para estas artistas expoñer en condicións similares ás dos homes. Neste sentido destaca o caso das mulleres do Impresionismo. É importante tamén destacar o seu papel nas vangardas, tanto na parisiense coma na rusa.Prazas limitadas con inscrición previa.SESIÓNS DO CURSO:Martes, do 18 de marzo ata o 27 de maio de 2014, das 11.30 ás 12.30 hPROGRAMA:A historia da Pintura a través das mulleres artistas

-      INTRODUCCIÓN. Unha revisión da historia

 -      A IDADE MEDIA

o   Iluminadoras de Códices

o   Unha gran excepción: Hildegarda de Bingen

o   Mulleres tras os muros do convento

-      ORENACIMIENTO

o   Da  miniaturaao retrato de caballete

o   As retratistas do Norte

o   O caso italiano. Sofonisba Anguissola

-      O SÉCULOXVII

o   Tras os pasos de Caravaggio: Artemisia Gentileschi

o   Judith Leyster e a luz do Norte

o   As bodegonistas 

-      AS GRANDESPINTORAS DO XVIII

o   Rosalba Carriera

o   Élisabeth  Vigée-Lebrun

o   AdélaïdeLabille-Guiard

o   Angelica Kauffmann 

-      AS DESCOÑECIDASDO IMPRESIONISMO

o   Berthe Morisot

o   Mary Cassat

o   Eva Gonzales

RESERVA DE PRAZA*:. Desde esta web (premer aquí). Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas  do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.