OS TEMAS DA ARTE: O retrato
O curso, organizado polo Museo de Belas Artes en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo e a Deputación da Coruña, pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado, pero si interesado, que busque obter unha formación básica, de forma amena e divertida, sobre a Historia da Arte, aínda que analizada a partir das distintas temáticas empregadas ao longo da historia, sendo nesta ocasión a través do xénero do retrato.
Ao longo de 10 sesións achegarémonos a este xénero específico da historia da arte: o retrato. O curso abordará a historia do retrato desde os seus inicios ata a época contemporánea a partir de 8 grandes temas.Prazas limitadas con inscrición previa.SESIÓNS DO CURSO: Mércores, do 18 de abril ao 20 de xuño de 2012, das 11.30 ás 12.30 hPROGRAMA:1. A representación do ser humano nas culturas de Mesopotamia, Exipto e Grecia (18 abril).2. O retrato no mundo romano (25 abril).3. A iIdade Media e o retrato (2 maio).4. O triunfo do retrato no Renacemento (9 e 16 maio).5. O retrato barroco (23 maio).6. O retrato no Neoclasicismo (30 maio).7. O retrato no movemento impresionista (6 xuño).8. O retrato moderno (fauvismo, cubismo, expresionismo, futurismo, surrealismo, Pop Art, retrato e fotografía...), (13 e 20 de xuño). RESERVA DE PRAZA*:. Desde esta web (premer aquí). Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.