Os temas da arte: a paisaxe

Mércores, do 23 de outubro ao 11 de decembro
-
11:30 a 12:30
Tipo:
Organiza:
Asociación de Amigos do Museo
Monitor:
Pablo Cobas
Público:
Adulto
Prazas:
100
Prezo:
20€ (Amigos Museo 15€)
Lugar:
Salón de actos do Museo
OS TEMAS DA ARTE: A PAISAXEO curso, organizado polo Museo de Belas Artes en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo e a Deputación da Coruña, pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado, pero si interesado, que busque obter unha formación básica, de forma amena e divertida, sobre a Historia da Arte, aínda que analizada a partir das distintas temáticas empregadas ao longo da historia, sendo nesta ocasión a través do xénero da paisaxe.Ao longo do curso achegarémonos a este xénero específico da historia da arte. O curso abordará a historia da paisaxe desde os seus inicios ata a época contemporánea. Prazas limitadas con inscrición previa.

Monitor: Pablo CobasDatas: Mércores, do 23 de outubro ao 11 de decembro de 2013Horario: das 11.30 ás 12.30 hRESERVA DE PRAZA*:. Desde esta web (premer aquí). Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas  do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.