Os temas da arte: a pintura mitolóxica

Do 24 de marzo ao 23 de xuño
-
Todos os mércores de 11:30 a 12:30
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes
Monitor:
Graciela López
Público:
adulto
Prazas:
70
Prezo:
gratuíto (inscrición previa)
Lugar:
Salón de actos do museo

O curso pretende achegarse a un colectivo adulto non especializado que busque obter unha formación básica y amena sobre a Historia da Arte. Nesta ocasión será a partir da temática mitolóxica ao longo das obras artísticas realizadas nas distintas épocas e nos diferentes estilos artísticos, empregando como fío conductor as máis famosas obras custodiadas nos principais museos do mundo.

Realizarase un percorrido pola mitoloxía centrada principalmente na greco-romana, pero tamén achegándose ás representacións de mitos doutras culturas, como a azteca ou a exipcia entre outras.

 

RESERVA DE PRAZA :

. Desde esta web (premer aquí)

. Chamando ao museo, tlf: 981 223 723 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)

*NOTA: Prazas limitadas, por rigorosa orde de inscrición. Para inscribirse nos obradoiros que requiran o pago de matrícula, o interesado deberá confirmar a reserva de praza antes de facer o ingreso na conta correspondente. Estas datas poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.