A pintura do século XVII. Escolas e xéneros
Oscontidos do curso versarán fundamentalmente sobre conceptos xerais de pintura barroca,tomando como punto de partida as novas obras incorporadas recentemente nacolección permanente do museo, e abordando cuestión como a visión artística e ocontexto histórico e social no que se desenvolven, a figura do artista e a súaobra, así como os xéneros e a iconografía.
Prazas limitadas, con inscripción previa.SESIÓNS DO CURSO: Mércores, 31 outubro, 7, 14, 21 e 28 de novembrode 2012, das 11.30 ás 12.30 hPROGRAMA: 1. INTRODUCCIÓN AO BARROCO:- Contexto histórico e social no que se desenvolve: Europa e a España dos Austrias- Nocións xerais do Barroco. Unha arte ao servizo da Contrarreforma2. O PINTOR DO XVII: - Formación, cultura, situación social e clientela- Dous enfoques diferentes dun mesmo oficio3. OS XÉNEROS ARTISTICOS E A SÚA ICONOGRAFÍA:- Presentación dos xéneros artísticos do XVII: O Gabinete do coleccionista.- A pintura religiosa: - O caso español - Os ciclos de Santos- O tema costumista: - A estela de Caravaggio- O retrato: - Retrato de Corte na monarquía española do s. XVII- A mitoloxía na pintura española do s. XVII - Pinturas independentes - Ciclos para decoracións palaciegasRESERVA DE PRAZA*:. Desde esta web (premer aquí). Chamando ao museo, tlf: 881 881 700 (horario de luns a venres de 9:30 a 14:00)*NOTA: Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscrición. Antes de realizar o pago da matrícula, o interesado deberá esperar a que se lle confirme a reserva de praza para poder facer o ingreso na conta que se lle comunicará nese intre. As datas do curso poderían sufrir modificacións por cuestións alleas á organización.