Soul no Museo. Carla Green & The Demons

Sábado 21 de Maio. Noite dos museos
-
21:30h
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Público:
Xeral
Prezo:
Gratis
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña

Carla Green & The Demons fórmase en Santiago de Compostela a principios do 2017 coa intención de levar aos escenarios o mellor soul dos anos 60 e 70. Conta cun repertorio baseado en clásicos de artistas como Etta James, Otis Redding, Wilson Pickett... En definitiva, a época dourada de selos como Chess, Stax ou Atlantic Records, pero sen descartar o soul ou o funk latino. A pesar de ser unha banda de recente formación, está composta por músicos cunha dilatada traxectoria musical dentro de estilos como o blues, o swing ou o jazz. Á fronte da guitarra atópase David Tato; ao baixo, Fran Sanz; ao saxo tenor e barítono, Martiño Mato; ao trombón, Xosé Luís Miranda; á batería, Marcos Pazo; por último, á voz, Carla Green.


Horario

Sábado 21 de maio, ás 21:30h