TALLER DE PROXECTOS EUROPEOS DE EUROPA CREATIVA E DE EUROPA COS CIDADÁNS

19 de xuño de 2015
-
de 10 a 14.30 h.
Tipo:
Público:
Adulto
Prazas:
150
Prezo:
Gratuíto
Lugar:
Museo de Belas Artes da Coruña

TALLER DE PROXECTOS EUROPEOS

DE EUROPA CREATIVA E DE EUROPA COS CIDADÁNS

 

O 19 de xuño de 2015, a oficina de Europa Creativa - Cultura e o Punto Europeo de Cidadanía, en colaboracióncoa oficina de Europe Direct da Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, organiza no Museo de Belas Artes da Coruña o taller Proxectos Europeos dos Programas Europa Creativa - Cultura e Europa cos Cidadáns 2014 -2020.

O obxectivo da iniciativa é ofrecer información práctica e resolver dúbidas específicas sobre o proceso de presentación de proxectos ás convocatorias dos programas Europa Creativa e Europa cos Cidadáns, que se abrirán no segundo semestre de 2015.

 

Este taller está destinado a todos os perfís do sector cultural, empresas, organismos e entidades tanto públicas como privadas -administracións, fundacións, asociacións, empresas, ONG, consultoras e produtoras- que estean interesados en presentar un proxecto europeo no marco destes dous programas de financiamento.

Consulte aquí o programa. 

 

A inscrición é gratuíta e deberá realizarse antes do vindeiro 17 de xuño de 2015. O número máximo de prazas é de 150, por rigorosa orde de inscrición.

Entregarase certificado de asistencia. 

Máis información en www.cultura.gal