VISITAS GUIADAS PARA GRUPOS E ASOCIACIÓNS CULTURAIS "Arquitecturas que falan do seu tempo"
26.11.2024-22.02.2025
-
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Alberto Fuentes Valcárcel (@modernismo_coruna) e Antonio Mariño Torres
Público:
Grupos e asociacións culturais
Dentro do marco da exposición Arquitecturas que falan do seu tempo o Museo de Belas Artes da Coruña organiza visitas didácticas para grupos e asociacións culturais para coñecer a figura de 23 arquitectos académicos da Real Academia Galega de Belas Artes, que coas súas creacións modelaron e transformaron o espazo de cidades e pobos.
Datas: desde o 26 de novembro de 2024
Horario:
- Mañás: ás 10:30 e 12:30 horas.
- Tardes: ás 17:00 e 18:30 horas.
Información xeral:
A visita ten unha duración aproximada de 1 hora, en cada horario só poderá entrar un grupo de 20 persoas.
Todas as visitas son de balde previa reserva.
Inscrición:
- Inscrición online aquí, indicando na mensaxe que a solicitude é para visitas á mostra Arquitecturas que falan do seu tempo
- A través do correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal