VISITAS GUIADAS PARA GRUPOS E ASOCIACIÓNS CULTURAIS "Torre de la Parada. Un espazo pictórico para RUBENS"

Desde o 19 de novembro de 2024 ata o 30 de xuño de 2025
-
Mañás, a partir das 12:30 h / Martes, mércores e venres ás 17:15 e 18:45 h
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Eva Méndez Cores e Germán Ferreiro Martínez
Público:
Grupos e asociacións culturais
Prazas:
20

Vive unha viaxe ao século XVII coa exposición interactiva "Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens", que permite percorrer as salas do perdido pavillón de caza do rei Felipe IV para contemplar unha das mellores coleccións de pintura do século XVII.


Datas: desde o 19 de novembro de 2024 ata o 30 de xuño de 2025

Horario:

  • Mañás: a partir das 12:30 horas.
  • Tardes: martes, mércores e venres ás 17:15 e 18:45 horas.

Información xeral:

A visita ten unha duración aproximada de 1 hora, en cada horario só poderá entrar un grupo de 20 persoas.

Todas as visitas son de balde previa reserva.

Inscrición:
  • Inscrición online aquí, indicando na mensaxe que a solicitude é para visitas á mostra Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens
  • A través do correo electrónico: mu.belas.artes.difusion@xunta.gal