VISITAS GUIADAS PARA PÚBLICO XERAL "Arquitecturas que falan do seu tempo"
23.11.2024-22.02.2025 (PRORROGADA 26.04.2025)
-
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Alberto Fuentes Valcárcel (@modernismo_coruna) e Antonio Mariño Torres
Público:
Xeral
Dentro do marco da exposición Arquitecturas que falan do seu tempo o Museo de Belas Artes da Coruña organiza visitas didácticas para público xeral para coñecer a figura de 23 arquitectos académicos da Real Academia Galega de Belas Artes, que coas súas creacións modelaron e transformaron o espazo de cidades e pobos.
Datas: do 23 de novembro de 2024 ao 22 de febreiro de 2025 (agás o 28 de decembro de 2024 e o 4 de xaneiro de 2025).
Horario: sábados ás 18:00 horas
Información xeral: A visita ten unha hora de duración, cun mínimo de 10 persoas e un máximo de 20 persoas.
Inscrición:
- Todas as visitas son de balde previa inscrición que se abrirá o LUNS previo a cada sábado, a partir das 10:00 horas.
- A inscrición realizarase a través do seguinte formulario.
- O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
- No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.