VISITAS GUIADAS PARA PÚBLICO XERAL "Torre de la Parada. Un espazo pictórico para RUBENS"
16 de novembro de 2024 a 30 de xuño de 2025
-
Tipo:
Organiza:
Museo de Belas Artes da Coruña
Monitor:
Eva Méndez Cores e Germán Ferreiro Martínez
Público:
Xeral
Vive unha viaxe ao século XVII coa exposición interactiva "Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens", que permite percorrer as salas do perdido pavillón de caza do rei Felipe IV para contemplar unha das mellores coleccións de pintura do século XVII.
Datas: desde o 16 de novembro de 2024 ata o 30 de xuño de 2025.
Horario: sábados ás 18:15 horas
Información xeral: A visita ten unha hora de duración, cun mínimo de 10 persoas e un máximo de 20 persoas.
Inscrición:
- Todas as visitas son de balde previa inscrición que se abrirá o LUNS previo a cada sábado, a partir das 10:00 horas.
- A inscrición realizarase a través do seguinte formulario.
- O envío do formulario non garantiza a reserva de praza, polo que é necesario recibir confirmación por parte do Museo.
- No caso de finalmente non poder asistir, agradécese que chamen ao museo con antelación para comunicalo e así poder cubrir a praza e poidan asistir outras persoas.