
Visitas musicadas co Proxecto Pesquedellas
21 de Maio - ás 18:30 e 20:00 h
Con estas visitas musicadas, o grupo de pandereteiras do Proxecto Pesquedellas, aportan unha visión subxectiva da colección do Museo de Belas Artes, contando e cantando a través de diferentes cadros as distintas músicas que amenizaron o día a día dos galegos e galegas de antano.
Así, pinturas costumistas como O boyero castellano de Sorolla ou O gaiteiro de Jaspe Moscoso permitirannos coñecer os contextos nos que se facía música na Galicia tradicional, pero outras como La presentación de Jesús en el templo ou Emigrante farannos reflexionar sobre a música popular galega nun contexto internacional.
Na visita falarase sobre os cantares do ciclo da vida e do ciclo do ano, da reputación dos distintos músicos tradicionais e de como a música popular sobrevivíu a pesar da distancia, do paso do tempo ou das modas. Todo isto, debidamente acompañado da súa banda sonora.
Horario:
Mércores 18 de maio, 18:00 e 19:30h.
Sábado 21 de maio, 18:30 e 20:00h.
Proxecto Pesquedellas é un grupo de rapazas betanceiras que teñen en común o interese pola investigación no folclore. Desde a súa creación adicanse a difundir por redes sociais e mediante obradoiros a música galega de tradición oral, co obxectivo de facela chegar á xuventude. Asemade, foron creando un repertorio musical que se compón fundamentalmente de cancións con voz e pandeireta, conxunto que consideran a base da tradición galega.