Argüelles, Julio
Julio Fernández Argüelles (Astorga, León, 1923-A Coruña, 2002). Reside na Coruña desde mozo e comparte a súa vocación pictórica coa profesión de mariño mercante. Isto determinaría unha temática ligada ao mar, con escenas realizadas cunha técnica minuciosa. O máis definitorio da súa pintura foi a súa proxección expresionista a través das deformacións expresivas dos seus personaxes.