Imaxe:
A sorte do paxariño
Folla técnica
Número de inventario:
6423
Materia / Soporte:
Lenzo
Cronoloxía:
1995[ca]-2000[ca]
Clasificación:
Pintura
Procedencia:
Depósito Xunta. Doazón: Fernández- Argüelles Lobato, Familia ()
Medidas:
Con marco: Altura = 127 cm; Anchura = 108 cm
Lenzo: Altura = 110 cm; Anchura = 90 cm
Técnica:
Pintura ao óleo
Obxecto:
Cadro
Nesta obra consérvanse características dunha época anterior na que se cultivou a abstracción en relación aos fondos, uns espazos indefinidos e construídos sobre expresivas e texturizadas manchas de cor. A cor contrástase en gamas frías e cálidas con calidades matéricas, espesas e empastadas.
No cadro apréciase unha serie de figuras humanas: unha muller no centro da escena cun pequeno paxaro na man e rodeada de nenos, todos fronte a unha mesa na que repousa unha gaiola. No rostro dos personaxes denótase certa melancolía ou tristeza. Pódese falar dunha potente carga simbólica a través do paxaro e a gaiola, como unha metáfora da liberdade, ou mesmo, a falta dela.