Avrillon, Alejandro (Juan Bautista)

Couëron, Francia
-
1840
A Coruña
-
1898

Alejandro Avrillon Aroud (Juan Bautista) (Couëron, Francia, 1840- A Coruña, 1898). Fillo de Antonio Avrillon, francés que chegou coa súa familia a España para traballar como operario das fábricas de vidro, instalándose primeiro en Asturias e despois avanzado 1852 en Coruña.

Durante os anos 50 e 60 no padrón de habitantes da cidade Juan Bautista figura como Alejandro. Parece ser que no trato familiar era común que se tomase o nome do santo do día de nacemento. Alejandro, que se gañaba a vida inicialmente como operario de cristais, exerceu despois o oficio de fotógrafo. A súa irmá Emilia (Meli) casa en 1862 co fotógrafo Luís Sellier que pasa a residir cos seus sogros e cuñado na rúa Acevedo 19 (posteriormente Real 37) . No padrón municipal de 1862 constan Luís Sellier e Alejandro Avrillon como fotógrafos, con gabinete conxunto no baixo do mesmo edificio da rúa Acevedo 19, tal como mostran os reversos das tarxetas de visita das súas fotografías, co nome de L. Sellier et Avrillon, fotógrafos.

Alejandro casa en 1867 coa lucense Manuela Bofil Veiga e nesas datas sepárase profesionalmente do seu socio e cuñado Luís Sellier. A partir dese momento Alejandro cambiou o seu nome para darse a coñecer como Juan Bautista Avrillon. Pechouse o gabinete da rúa Acevedo e Juan Bautista abriu un novo na rúa Real 5, trasladándose posteriormente a San Andrés nº 11. 

Obras do/a autor/a